Unha penalización deixa a Gómez Noya sen opcións de triunfo na Copa de Europa de Barcelona
Por Almu Dapena
Barcelona acolleu este domingo unha proba da Copa de Europa de Tríatlon en distancia de sprint. Javier Gómez Noya, que era un dos favoritos para colgarse a medalla de ouro, logrou un segundo posto tras alcanzar a meta despois do noruegués Kristian Blummenfelt.
A competición comezou ao redor das 9:00 horas coa proba feminina e, unha vez que finalizou, chegou a quenda do pentacampión do mundo en modalidade olímpica. Por diante, 750 metros de natación na praia Mar Bella, catro voltas de 5 quilómetros no tramo ciclista e dúas voltas de 2,5 quilómetros na carreira a pé.
O primeiro en completar a proba acuática foi Mateus Gluszkowski, seguido moi de preto por un grupo encabezado por Gómez Noya.
Chegaba o momento de subirse á bicicleta e dar catro voltas ao circuíto da cidade condal. O triatleta pontevedrés, xunto con Blummenfelt, foron os primeiros en chegar á T2 con 40 segundos de vantaxe sobre os seus perseguidores, con Roberto Sánchez e Genis Grau na cabeza.
Tocaba a carreira a pé e o noruegués logrou marchar en solitario, logrando a vitoria nun tempo de 53:53. Gómez Noya quedou sen opcións á vitoria tras ser penalizado na segunda transición a ter que parar 15 segundos no Penalti Box. Aínda así chegou segundo (54:06), por diante de Gustav Iden (54:26) que foi terceiro.
Relacionadas:
-
Gómez Noya ficha pola Ximnástica para preparar os Xogos Olímpicos de Tokio
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya elixe México para adaptarse á "calor extrema" que espera nos Xogos de Tokyo
Por Redacción |
-
A esixencia do sector ciclista castiga a un Gómez Noya que finaliza undécimo en Daytona
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, preparado para o asalto a Daytona: "Aquí están moitos dos mellores do mundo, é emocionante"
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya coróase no Campionato de España de Media Distancia de Bilbao
Por Almu Dapena |
-
Gómez Noya, coa vista posta no Nacional de Media Distancia de Bilbao tras vencer en Santander
Por Manu Otero |
-
Dobrete europeo de Gómez Noya: cuarto no Gran Prix de Francia e bronce na SuperLeague de Róterdan
Por Redacción |