950 nenos gozarán da II Festa da Piragua no Pontillón do Castro
Por Redacción
Colchonetas, tobogáns de auga, festa da espuma, carreiras de orientación e sobre todo piragüismo, moito piragüismo.
Así é o programa da II Festa da Piragua que se celebra o próximo domingo 1 de setembro no encoro do Pontillón do Castro, en Verducido.
O evento supón o peche oficial das escolas deportivas da Deputación, nas que participaron 26 clubs de toda a provincia.
A Federación Galega de Piragüismo, organizadora da festa, espera a presenza de 950 nenos das diferentes categorías e disciplinas.
A xornada lúdica divídese entre mañá e tarde, con horario de 11:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 17:00 horas.