Roberto Mediero e Martín Lestido, os mellores do Super Froiz na Volta a Palencia
Por Redacción
Boas sensacións do Super Froiz na Volta a Palencia. Aínda que o equipo pontevedrés non foi capaz de conseguir a vitoria, os seus corredores máis novos (a carreira era de categoría sub-23) fixeron un bo papel. Os mellores foron Roberto Mediero, que finalizou noveno a 2'43'' do ganador, Cristian Cañada (Levante-Delikia), e Martín Lestido que, cedeu 6'43'' e finalizou en decimosexta posición.
Mediero, considerado polos expertos como unha das grandes promesas do ciclismo galego, foi o mellor clasificado do equipo, pero os seus compañeiros fixéronse ver durante as catro etapas das que constou esta proba palentina. Xa desde a primeira etapa, que se caracterizou polo forte vento lateral e o nerviosismo dos participantes por coller boas posicións e evitar un posible corte.
Así, o mellor da escuadra pontevedresa foi ÿscar González Brea, que ocupou a vixésimo primeira praza a nove segundos do gañador da etapa. Un posto similar ao logrado por Martín Lestido na segunda etapa, que con cinco portos de montaña provocou unha chegada escalonada do pelotón. Foi decimoséptimo a 1'13". Repetiu rendemento na terceira etapa, acabando vixésimo a case cinco minutos do gañador.
Pero sen dúbida, a mellor actuación da escuadra alimenticia na terceira etapa foi a de Roberto Mediero. Logrouse coar na escapada boa e finalizou noveno a 49 segundos do gañador. O corredor pontevedrés foi tamén o máis destacado na cuarta e última etapa, na que finalizou decimotercero a 1'01" do vencedor, un resultado que lle permitiu manter a súa posición entre os dez primeiros.
En canto ao resto de clasificacións, Roberto Mediero, decimotercero, foi o único corredor do Super Froiz que logrou coarse entre os mellores da regularidad. Polo equipos, a formación pontevedresa foi sexta a case catro minutos dos gañadores, os ciclistas do equipo belga Lotto Belisol.
Coa Volta a Palencia, o Super Froiz segue coa preparación do último tramo da tempada, no que a súa principal cita será a Volta a Galicia, que se celebrará en setembro.