Queres ser árbitro de fútbol? A Delegación de Árbitros de Pontevedra busca colexiados
Por Redacción
A gran cantidade de categorías e partidos no fútbol base galego agudiza a necesidade de aumentar o número de árbitros nas delegacións territoriais.
Por este motivo, entre outros, a Delegación de Árbitros de Pontevedra organiza un curso de dous meses de duración en busca de novos colexiados.
O curso dará comezo o próximo 9 de setembro e os únicos requisitos a cumprir son ser maior de 12 anos e non superar os 26.
Os intereados en formarse na arbitraxe poden dirixirse ao correo electrónico Arbitrosdepontevedra@gmail.com ou ao teléfono 699209495.