Nin goles nin ocasións no derbi (0-0) entre Villalonga e Portonovo
Por Redacción
Chegou moi pronto o derbi en San Pedro e deixouse notar, non só na grada, que rexistrou unha entrada menor do que cabería esperar, si non tamén no campo, onde o Villalonga acusou algunhas e importantes baixas nas súas filas e os dous equipos a falta lóxica de rodaje. Aínda así os afeccionados puideron gozar dun partido entretido e emocionante polo incerto do marcador.
Moito xogo directo e pouca elaboración. Coma se primase o non perder nin dar facilidades ao contrario, antes que apostar decididamente pola vitoria. A consecuencia foi un partido sen dono nin dominador claro.
Silva para o Portonovo dispuxo da mellor ocasión do seu equipo, ao pouco de comezar, pero o seu remate marchouse desviado, mentres que o Villalonga puido marcar nun remate de Adrián Santos, tras un saque de esquina.
O Portonovo xogou os últimos minutos en inferioridad, por expulsión de Silva, pero o Villalonga foi incapaz de aproveitalo, malia que Jorge Fernández, no tempo de desconto, reclamou penalti, por un derribo de ÿscar García, que o árbitro non considerou punible.
VILLALONGA, F.C. (0): Albor (Berto, min. 66); Leo, Cristóbal, Cuqui (Héctor, min. 89), Jorge Fernández, Saúl, Juanito (Martín, min. 77) Machu, Adrián Santos, Arias e Rego (Giao, min. 64).
PORTONOVO, S.D. (0): Marcos; ÿscar García (Rodri, min. 93), Gándara, Iván Renda, Suso Bea (Iván Piñeiro, min. 90), Víctor, Suso, Luis Alberto, Silva, Nacho e Álex Cubas (Suso Martínez, min. 66).
Árbitro: Iván Abel Bruzos (Lugo), axiliado nas bandas por Cabanas Parrado e Busto Veiga. Expulsou con vermella directa a Silva (minuto 86). Amonestó a Jorge Fernández, ÿscar Garcia, Suso Bea e Suso.
Incidencias: Campo de San Pedro (Vilalonga). Uns 450 espectadores.