Triunfos do Sebrala 2, Punta Lagoa, Piko Norte e Atlante Uno na XVII Regata Hotel Galatea de Cruceiros ORC
Por Redacción
O Sebrala 2 de Magín Froiz (RCN Sanxenxo) proclamouse este domingo campión absoluto da XVII Regata Hotel Galatea de Cruceros ORC. Organizada polo Club Náutico Portonovo en colaboración co Club Náutico de Boiro, participaron nela preto dunha trintena de embarcacións e celebrouse durante toda a fin de semana con dúas regatas que completaron o percorrido entre Portonovo e Cabo de Cruz (Boiro) e viceversa.
A proba deste domingo entre Cabo de Cruz e Portonovo tivo un percorrido de 18 millas náuticas. A medida que ían saíndo da Ría de Arousa cos Spis izados foi subindo a intensidade do vento alcanzando os 15 nós, á altura de San Vicente, chegando ata a 18 nós no Faro de Camouco en Ons. Isto fixo que o último treito en longo ata a liña de chegada, situada no porto de Portonovo, fora moi rápido e espectacular.
Na Clase ORC 1, igual que pasara na regata do sábado, o Sebrala 2 de Magín Froiz - RCN Sanxenxo non foi só o ganador na súa clase, senón tamén na clasificación absoluta. O segundo posto para esta clase foi para o Besbello de José María Sonyer do RCN Madrid, que malia ser un barco de pouca eslora realizou unha boa regata, mentres que terceiro foi o YoukounKoun de Adolfo Castro do CN Portonovo.
Na Clase ORC 2, cambios na clasificación final ao vencer este domingo a embarcación da Escola de Punta Lagoa, de Alberto Iglesias, ocupando o segundo na clasificación o Grifo de Francisco Freire do RCM Aguete. Terceiro foi o vencedor da xornada do sábado o Chispa Nejra, de José Rey Veiga do Club Náutico de Beluso.
Na Clase ORC 3 non houbo moitos cambios. De novo a embarcación do RCN A Coruña, o Piko Norte de José Manuel Castro, foi a vencedora nesta etapa, acabando segundo o Tayta de Francisco Martínez. O podio completouno o Maral II de Roberto de la Puente, ambos do CN Portonovo
Para rematar, na Clase A Dúas o máis forte foi o Atlante Uno de Gonzalo Vázquez, do CN de Sada. Fora segundo na regata do sábado. O gañador desta, o Chispetren de Jesús Iglesias, do CN Caramiñal, foi segundo na clasificación xeral.
As clasificacións finais dos primeiros clasificados de cada clase foi a seguinte:
Clase ORC 1
- 1. Sebrala 2 (Magín Alfredo Froiz/ RCN Sanxenxo) 2 ptos.
- 2. YoukounKoun (Adolfo Castro/CN Portonovo) 5 ptos.
- 3. Besbello (José Mª Sonyer/RCN Madrid) 6 ptos.
- 4. Ambiotec-Ecopiedra ( José Manuel Gil/Barraña) 7 ptos.
Clase ORC 2
- 1. Punta Lagoa (Alberto Iglesias/CNP Lagoa) 3 ptos.
- 2. Chispa Nejra (José Rey Veiga/CN Portonovo) 4 ptos.
- 3. Grifo (Francisco Freire/RCM Aguete) 5ptos.
- 4. Raider (Juan Diego Gil/CD Vela Escota) 8 ptos.
Clase ORC 3
- 1. Piko Norte (José Manuel Castro/RCN La Coruña) 2 ptos.
- 2. Tayta (Francisco Martínez/CN Portonovo) 5 ptos.
- 3. Maral II (Roberto de la Puente/CN Portonovo) 5 ptos.
- 4. Freedom (Javier Ruíz de Cortazar/CN Portonovo) 16 ptos.
Clase A Dos
- 1. Atlante Uno (Gonzalo Vázquez/CN Sada) 3 ptos.
- 2. Chispetren (Jesús Iglesias/CN Caramiñal)7 ptos.
- 3. Kairos (Julio Casal/CN Portonovo) 12 ptos.