O Arosa presenta o escudo do seu 75 aniversario
Por Redacción
Non todas as tempadas pódese presumir de cumprir 75 anos de vida, polo Arosa decidiu conmemorar esa data tan sinalada que se cumpre este mesmo ano 2020.
O club arlequinado encargou un novo escudo e imaxe corporativa para celebrar o particular aniversario.
O escudo foi elaborado pola empresa Miksnet, que viña colaborando na xestión das redes sociais ou en accións como a campaña promocional da fase de ascenso.
Lucirá durante o curso que está punto de comezar nas camisetas, carnés de socio e todo o material de márketing da entidade.
O ex-xogador arosista Carlos Leites está detrás da nova imaxe, que se completará nos próximos días coa presentación da nova páxina web do club.