Diego Romero, Tono Campos e José Luis Bouza buscan praza no Mundial ante a ausencia de David Cal
Por Redacción
O canoísta do Grove Tono Campos e o vilagarciano Diego Romero xóganse este venres xunto ao tudense José Luis Bouza unha praza para competir a próxima semana no Campionato do Mundo de Piragüismo de Duisburgo, Alemaña, na categoría de C-1 1.000 metros.
Os tres deportistas loitarán pola praza no control selectivo organizado pola Federación Española en Verducido ás 11:00 da mañá, na pista de Pontillón do Castro, e na que o grande ausente será o quíntuplo medallista olímpico David Cal.
O control selectivo non admite ningunha marxe de erro. Quen chegue primeiro á meta será que logre a praza para o C-1 1.000 mundialista.