A renovación de Aldara pecha o plantel do Arxil á falta dunha última fichaxe
Por Redacción
A canteirá do Arxil, Aldara Vázquez, continuará defendendo as cores do seu club unha tempada máis. A base de 24 anos cumprirá así dúas décadas baixo a disciplina do equipo pontevedrés, co que alternará as súas aparicións no primeiro equipo e no filial. No club destacan a súa visión de xogo, o seu bo un contra un e o seu acerto nos lanzamentos desde o perímetro.
Do mesmo xeito que moitas outras das súas compañeiras, Aldara compaxinará a súa faceta como deportista coa de profesional como fisioterapeuta. Un sacrificio que desde o conxunto que dirixe Liño Vázquez agradecen.
Confirmada a continuidade de Aldara, o plantel de Mayte Méndez conta xa con once xogadoras: Carla, Lago, Natalia, Cristina, Margarita, Noa, Forster, Violeta e as fichaxes de Noelia e Bineta. Con estas vimbias, só queda a chegada dunha xogadora máis, que esperan pechar esta semana, para dar o plantel por completa.