Os ex ciclistas Perico Delgado e Fernando Escartín participarán na marcha 'Pedaladas polo recordo'
Por Redacción
Coa participación dos ex ciclistas Perico Delgado e Fernando Escartín, o comentarista televisivo Carlos de Andrés e outras personalidades como Chema Erguedas, Rafael Díaz Justo ou Serafín Martínez participarán en 'Pedaladas polo recordo', un evento que contará con dúas marchas, unha de 127 quilómetros que partirá ás 9:30 do Porto de Vilanova de Arousa e outra, máis curta, de 7 quilómetros prevista para as 12:30 do mediodía. A chegada será no Monte Lobeira.
O obxectivo é que nesta cita que será unha homenaxe ás vítimas no accidente ferroviario de Santiago conte coa participación de familias con nenos e a todos aqueles que teñan afección á bicicleta.
Para participar só é necesario presentarse no lugar de saída. Alí, a organización regalaralle unha camiseta a cada participante como recordo para todos os afectados pola suceso de Angrois co obxectivo de que aquela traxedia se converta nun exemplo de solidariedade do pobo galego.