Leis Pontevedra e Poio Pescamar xa teñen rivais para a Copa Xunta de Fútbol Sala feminino
Por Redacción
A sede da Federación Galega de Fútbol Sala, na Coruña, foi escenario do sorteo da XXIII Copa Xunta de fútbol sala feminino, para distribuír os equipos participantes na edición deste ano na súa fase previa, a disputar antes do inicio do campionato de liga.
Once serán os clubs participantes, distribuídos en dous grupos de catro equipos e un de tres. Clasifícanse para semifinais os primeiros de cada grupo, xunto ao mellor segundo dos dous grupos de catro.
O Leis Pontevedra quedou integrado no Grupo I, xunto con Ponte Ourense, Valdetires Ferrol e O Montiño-Concello de Mos, mentres que o Poio Fútbol Sala formará parte do Grupo II, co Comarcal A Fervenza e Burela Fútbol Sala.
O sorteo completouse co Grupo III, que quedou formado polo Cidade das Burgas, Viaxes Amarelle, Funeraria Apóstol e Fisober FSF.
Deste modo, o Leis Pontevedra repite un ano máis nun dos grupos de catro equipos, e enfrontarase a dous equipos da Primeira División: Ponte Ourense e Valdetires, e a outro da liga galega en datas e escenarios a decidir.
Pola súa banda o Poio Pescamar, xogará en Ferrol e recibirá a visita do Burela. Asi estes equipos únense á pretempada das rapazas de Marcio Santos, que se completará con partidos fronte ao Ponte Ourense, Viaxes Amarelle e o conxunto portugues Canidelo.
REPARTICIÿN DE NÿMEROS NO POIO PESCAMAR
As xogadoras rojillas xa dispoñen dos números para esta nova tempada en Primeira División, que serán os seguintes: Carmen 16 e Silvia 17 (porteiras), Charo 9, Peke 12, Yoly 5, Ceci 11, Anita 8, Elena 21, Kiko 14, Marzo 3, Claudia 10, Pomba 4 e Tania 7. Charo continuará un ano máis exercendo de capitana.