Teresa Portela protagoniza a primeira entrega dunha serie de promoción do deporte feminino
Por Redacción
O proxecto Coñecendo as nosas deportistas é un programa promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e deseñado Polo Correo do Vento, unha produtora especializada en contidos culturais para o público infantil asentada en Pontevedra. O obxectivo desta serie, consistente en pequenas entrevistas e unhas fichas ilustradas para presentar ás protagonistas aos nenos e nenas, é dar a coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller no deporte galego.
A campaña márcase como meta difundir o papel que as deportistas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os campos para a eliminación de estereotipos e das discriminacións que aínda persisten na sociedade.
O proxecto vai dirixido a toda a sociedade e moi especialmente a mocidade e cativada de Galicia.
No primeiro capítulo, consistente nun breve vídeo promocional e unha ficha con información, entrevistas, debuxos para colorear e ilustracións elaboradas por Tania Solla, Teresa Portela confesa que "cada vez hai máis mulleres e nenas realizando deporte, oxalá siga crecendo e que a ninguén lle sorprenda que unha muller sexa deportista".
A ficha complétase cunha detallada descrición da vida e carreira da padeeira nada en Cangas, así como información relacionada co seu deporte e a modalidade que ela practica.
Relacionadas:
-
Verducido acollerá o 9 de abril o Selectivo no que Teresa Portela debe confirmar a súa praza olímpica
Por Diego Espiño |
-
O adestrador Daniel Brage traballará en exclusiva con Teresa Portela na súa preparación dos Xogos de Tokyo
Por Redacción |
-
Teresa Portela supera o "bajón" polo aprazamento dos Xogos: "Es el mismo reto pero en 2021, y ya estoy mentalizada"
Por Redacción |