Un total de 150 medallas sumaron os atletas da Gimnástica nos Campionatos de España e Galicia
Por Redacción
Durante a tempada os atletas da Sociedade Gimnástica multiplicáronse nas diferentes especialidades do atletismo e leváronse ás súas casas 150 medallas. Era moi difícil mellorar o resultado da tempada pasada, cando con 166 se conseguiu o récord de galardóns do club, pero baixar soamente un 10% nin moito menos é decepcionante.
O mellor foron as 19 preseas en Campionatos de España, que este ano foron moi repartidas. Practicamente en todas as categorías e en todas as superficies subiu ao podio. Na pista cuberta conseguíronse soamente dous, unha prata na categoría Promesa, a cargo de David Alejandro nos 60 metros e a outra foi unha das medallas máis importantes da historia da veterana Sociedade, o ouro nos 200 metros do nacional Absoluto de Alberto Salcedo, que foi o primeiro título de Campión de España para a Ximnástica na pista cuberta.
Na pista ao aire libre os atletas lerezanos puxéronse as pilas. David Alejandro foi bronce nos 100 metros do Promesa, Marc Tur na marcha Júnior foi prata, Ángel Vargas nos 300 metros Cadete levouse a prata e o record galego da distancia e no Absoluto foron dúas medallas, a cargo de Ignacio Sarmiento nos 400 metros vallas e Alfonso Palomanes no triplo salto, ambos os dous prata con record galego para Alfonso. Nas probas en ruta, Marc Tur levouse outra prata na marcha Júnior e o resto de medallas foron para os atletas veteranos.
En canto aos Campionatos de Galicia, a pista cuberta e a pista ao aire libre, sumaron 119 medallas das 131 conseguidas. Resaltar o Campionato de Galicia Absoluto, tanto de pista cuberta como en pista ao aire libre, onde a Gimnástica en ambas as dúas ocasións foi o equipo máis laureado. Foron 56 oros 44 platas e 31 bronces, destacando as actuacións de Paula Martín e Iván Maceiras, que conseguiron 8 preseas cada un. Iván foi medalla de ouro no salto de altura Júnior de pista cuberta e no salto de lonxitude Júnior ao aire libre, e Paula outros dous oros na pértega Júnior, en pista cuberta e ao aire libre.
Por último a proba máis laureada foi o salto con pértega. Ata en 18 ocasións algún atleta que participou na devandita especialidade subiu ao podio. Indicar os dous oros de Sandra Carballo e Santi Ferrer Alonso, no Absoluto de pista cuberta, ou o ouro de Beatriz Moreira no Cadete de pista cuberta, demostrando que o relevo xeracional está aí.