O Ciudad de Pontevedra conquista o Descenso do Miño
Por Redacción
O Club Piragüismo Ciudad de Pontevedra logrou o triunfo por equipos no Descenso Internacional do Miño, demostrando desa forma o seu excelente nivel deportivo na actual tempada. Alexandre Castro e Iván Villanueva, en cadete K-2, e Jenifer Casal, en xuvenil C-1, foron os que triunfaron nas súas respectivas categorías. A actuación do conxunto pontevedrés foi excelente.
Na clasificación oficial e final por equipos destacou o Club Piragüismo Ciudad de Pontevedra ao acadar 3.547 puntos e desa forma logrou superar ao Kayak Tudense, o organizador, que totalizou 3.401 puntos. O terceiro na clasificación foi o Ría de Aldán Hermanos Galdón, con 2.808 puntos, e cuarto As Torres de Catoira - Romería Vikinga, con 2.772 puntos. Na proba tudense houbo representantes de corenta equipos, algúns deles portugueses.
O Ciudad de Pontevedra posúe unha canteira excepcional. Logrou a vitoria en xuvenil C-1 con Jenifer Casal á que se debe engadir o terceiro posto de Nerea Gondar. Tamén Alexandre Castro e Iván Villanueva lograron o triunfo en cadete K-2.
Os representantes pontevedreses tamén tiveron unha destacada actuación noutras modalidades. Cristian Torres e David Figuera foron segundos en xuvenil C-2. O mesmo lugar ocuparon David González e Adrián Vilas en cadete C-2. Na categoría sénior, Lidia Martínez e Raquel Rodríguez foron segundos en K-2.
A traxectoria en canto a resultados e traballo ao longo da presente tempada do Club Piragüismo Ciudad de Pontevedra é magnífica. Tamén quedou demostrado na cuarta regata de alevíns disputada na Illa de Arousa o pasado domingo, ao rematar no terceiro lugar na clasificación por clubs.
Ademais dos triunfos dos padexeiros do Ciudad de Pontevedra, otros equipos de Pontevedra e alrededores completaron unha boa actuación en Tui. Iago Monteagudo, do Club Naval Pontevedra, logrou a vitoria en cadete K-1; e a súa compañera, Carla Sieiro, foi segunda na proba feminina. Pola súa banda, Antonio Palmás e Brais Sánchez, do Club Piragüismo Vilaboa, venceron en senior K-2.