Triunfo e excelente imaxe do Arosa (2-0) ante o C.D. Lugo
Por Redacción
Segunda derrota en dous días do C.D. Lugo e segunda derrota fronte a equipos de Terceira División. Se o martes os de Quique Setién caían derrotados en Pasarón, o xoves facíano na Lomba, fronte a un Arosa que, ao igual que os seus veciños granates, causou unha magnífica impresión.
ÿ verdade que o Lugo presentou un once callado de suplentes, pero iso non resta méritos aos de Piscis, que souberon explotar a facilidades defensivas da zaga lucense, especialmente Eloy, que se converteu nun pesadelo para o seu marcador.
Parapetado atrás, o Arosa soubo explotar a velocidade do mesmo Eloy, acompañado por Nando, Adrián Camiño e Quique Cubas para montar constantes contraataques con moito perigo. Precisamente Quique Cubas abría o marcador, para que logo na segunda metade nin os cambios masivos no Lugo servisen para neutralizar a vantaxe local.
Os arosistas mesmo tiveron nas súas botas varias ocasións para ampliar o marcador, pero non sería ata o desconto cando lograsen o segundo gol nun contraataque finalizado por Julio Rey.
AROSA, S.C. (2): Jorge Pérez; Santi (Juanjo, min. 56), José Ángel, Martín, Munín (Ramón, min. 56), Rivas (Jonathan, min. 59), Nando (Julio Rey, min. 59), Jesu (Cheri, min. 77), Quique Cubas (Alfonso, min. 56), Adrián Camiño e Eloy (Rubén Martínez (min. 84).
C.D. LUGO (0): Manu Cedrón (José Juan, min. 66); Víctor Díaz, Miguel Tena, Jorge, Javi Rey; Rafa García, Javi Varela; Iván Pérez, Iago Díaz, Ernesto; y Niqi. Segunda parte: Manu Cedrón (José Juan, min. 66); Javi Varela, Pavón, Manu Ascariz, José Luis; Rafa García, Álvaro Peña; Laro Setién, Javi Rey (Keko, min. 66); Pedrosa e Niqi.
Árbitro: Díaz Álvarez (Pontevedra). Expulsou con vermello directo a Pavón (minuto 80).
Goles: (1-0) Minuto15: Quique Cubas. (2-0) Minuto 92: Julio Rey.
Incidencias: Campo da Lomba (Vilagarcía). Trixésimo novena edición do Trofeo San Roque. Preto de 1.000 espectadores. O Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, fixo entrega do trofeo de campión a Adrián Camiño.