A Delegación de Goberno pedirá ás autoridades que facilite a práctica de deportes no mar
Por Manu Otero
Facilitar as actividades vinculadas ao mar sempre respectando o proceso de desescalda, as normas de cada municipio e os protocolos sanitarios para evitar contaxios. É a principal conclusión do encontro que tivo lugar este martes entre representantes da Delegación de Goberno de Galicia e integrantes da Unión de Federacións Deportivas Galegas así como doutras federacións vinculadas co deporte na auga.
O encontro produciuse despois das queixas dos deportistas destas disciplinas relacionadas coa falta de claridade da normativa á hora de establecer límites municipais, horarios ou administrativos para permitir a práctica deportiva.
Tras a reunión, a Delegación de Goberno adquiriu o compromiso de comunicarse coa Garda Civil, Salvamento Marítimo, Costas e as Capitanías Marítimas para que faciliten as actividades deportivas vinculadas ao mar", recolle o comunicado difundido pola institución que pon como condición indispensable o cumprimento das normas da desescalada pola pandemia do Covid-19.
Ao mesmo tempo, todas as partes mostraron a súa predisposición para manter reunións periódicas para actualizar as novidades que se produzan durante as diversas fases da desescalada vinculadas coas diferentes disciplinas deportivas que afectan principalmente os practicantes de piragüismo, remo, socorrismo, surf, tríatlon ou #ver.
Relacionadas:
-
Os clubs de piragüismo, ante moitas dificultades no regreso á práctica deportiva
Por Redacción |
-
Os surfeiros federados xa poden moverse con liberdade por todas as praias da provincia
Por Manu Otero |
-
Permitido o uso de piscinas e praias para a práctica deportiva na fase 2 de desescalada
Por Almu Dapena |
-
A Xunta defende que se eliminen as franxas horarias e as limitacións ao municipio na práctica deportiva
Por Oskar Viéitez |
-
Os surfeiros mobilízanse para que se aclare se poden saír do seu municipio a coller ondas
Por Manu Otero |