Javier Gómez Noya asegura que se pospoñen o Ironman de Hawaii para febreiro de 2021, "me centraría en los Juegos de Tokyo"
Por Almu Dapena
A normalidade está a regresar aos poucos e, con ela, as saídas á rúa dos deportistas.
Un deles foi Javier Gómez Noya que, despois de dous meses adestrando dentro de casa, volveu á estrada para seguir a punto coa vista posta nos Xogos Olímpicos de Tokyo 2021.
Aínda que o triatleta tiña pensado dedicarse despois da cita olímpica ás carreiras de longa distancia, "no pienso demasiado en ello, quiero prepararme para los Juegos porque tengo mis opciones", asegurou nunha entrevista en directo no perfil de Facebook do Banco Santander xunto a Carolina Marín e Felipe Martín.
Gómez Noya é partidario de que se poidan celebrar "en condiciones normales, con público y sin riesgo para nadie," por iso considera que "en febrero o marzo ya se deberían poder hacer competiciones internacionales si quieren hacer viables los Juegos".
Aínda non é seguro que poida ser así, o que si comunicou a Federación é a posiblidade de pospoñer o Campionato do Mundo Ironman en Kona, Hawaii, a febreiro de 2021.
A cita, para a que Gómez Noya xa estaba clasificado, é "incompatible con unos Juegos en un mismo año". Por iso asegura que "si posponen Kona para el año que viene, me centraría en los Juegos". Ese é o fin principal do triatleta, que ten claro que alongar o período olímpico "no nos beneficia demasiado a los que ya temos una edad".
A pesar diso, e aínda que os seus obxectivos cambiaron "radicalmente" non só polo aprazamento de Tokyo, senón por todas as competicións canceladas, o triatleta móstrase positivo "me sentía capaz con 37 años, también con 38". "Lo bueno de la edad es la experiencia y el bagaje para hacerlo mejor", por iso non ve a idade como algo que lle impida competir ao máximo nivel e ve opcións de traer outra medalla olímpica para España en Tokyo 2021.