Hugo Sanmartín, con rotura parcial de ligamentos, primeira lesión importante no Arosa
Por Redacción
Primeiro contratempo serio para o Arosa na tempada do seu regreso á Terceira División. O seu dianteiro e máximo goleador da pasada campaña, Hugo Sanmartín, perderase o complicado inicio ligueiro que se lle presenta ao equipo de Piscis, ao sufrir unha rotura parcial do ligamento cruzado posterior do seu xeonllo esquerdo.
Se ben inicialmente a lesión non lle obriga a pasar polo quirófano, si requirirá un traballo específico destinado a recuperar a zona afectada polo que, sen querer fixar prazos para a súa recuperación, Hugo moi posiblemente pérdase a menos os dous primeiros meses de competición.
Coa lesión de Hugo e a posible marcha de Julio Rey, Piscis queda case como único referente en ataque con Ramón Eiras, o dianteiro chegado do Unión Grove, que terá que levar o peso goleador do equipo, xunto con Kike Cubas e Nando.