O Leis Pontevedra resígnase a quedar integrado no grupo cuarto de Segunda División Feminina
Por Redacción
O Leis convértese no equipo de 2ª División Nacional Feminina de Futbol Sala que máis kilometros realizará ao longo da tempada, excepción feita dos dous equipos canarios. O club pontevedrés xa se vai facendo a idea de competir no Grupo 4, xunto a 6 equipos madrileños, 2 de Guadalajara, 1 de Cáceres, 1 de Segovia e 2 de Canarias. O calendario xa viu a luz antes de que o Comité Nacional contestase ás alegacións formuladas polos pontevedreses.
Unha auténtica loucura, o grupo 1 con 11 equipos e o grupo 4 con 13 é un sen sentido, cando o mais normal sería que as pontevedresas se unisen aos outros 2 conxuntos galegos e competisen no grupo 1, co que quedarian os 2 grupos con 12 equipos e sen xornada de descanso.
PERFILANDO O EQUIPO
Confirmada a continuidade de Jacobo Estors no Leis Pontevedra F.S., o técnico vigués comezou a mover ficha e en principio xa comunicou a tres xogadoras que non entran no seu proxecto de cara á próxima tempada. Luz Bugallo, Paloma Vilar e Begoña Fraguas non continuarán no club a tempada 2013/14. Todas elas auténticas veteranas no club pontevedrés, onde o deron todo nas últímas tempadas, o Leis agradécelles o esforzo realizado, o compromiso e sobre todo o haber estado ás duras e ás maduras nestes anos onde o Leis Pontevedra F.S. deu un salto importante, grazas a xogadoras como elas.
COMEZO DA PRETEMPADA
Nos próximos días Jacobo terá practicamente pechada o equipo. O traballo que está a realizar é arduo e é probable que ao longo do próximo fin de semana se poida ter pechado xa o 90% do equipo que volverá competir na 2ª División Nacional e que comezará o traballo de pretempada o día 5 de agosto.
En principio, e a petición do propio adestrador, os primeiros 20 días de pretempada realizaranse na zona da Madroa (Vigo) nas instalacións que xentilmente cede a AAVV de Candeán. Pavillón, ximnasio, campo sintético e distintas actividades programadas pola zona e concentracións de fin de semana será o cambio en relación á pasada tempada, onde todo se centrou nas instalacións do Pavillón Municipal de Pontevedra.