A Federación Española adiantará 4 millóns aos clubs de Segunda B, Terceira e Fútbol Sala
Por Redacción
O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales, presentou este mércores unha serie de medidas para aminorar nos clubs, especialmente nas categorías non profesionais, os efectos provocados pola suspensión da competicións a causa do coronavirus.
En concreto Rubiales, que se reuniu de maneira telemática cos presidentes das territoriais, comprometeu o adianto por parte da Federación de ata 4 millóns de euros.
Este diñeiro destinarase aos clubs que o soliciten co fin de que poidan pagar os soldos de xogadores e técnicos nos próximos meses.
Trátase dun avance de tesourería, que deberá ser devolto en dúas tempadas pero sen intereses, podendo acceder a esta axuda os clubs de Segunda División B e Terceira de fútbol; Primeira, Segunda e Segunda B de Fútbol sala; e Primeira e Segunda División Feminina de Fútbol sala. É dicir poderían acollerse a esta medida equipos da comarca como o Pontevedra CF, Arosa, Leis, Poio Pescamar e O Fisgón.
@LuisRubiales: "Los clubes de 1ª, 2ª y 2ªB de fútbol sala, las dos primeras categorías de fútbol sala femenino y, por supuesto, la 2ªB y la 3ª División de fútbol nacional masculino van a tener una línea de subvención que va a llegar hasta los 4 millones de euros" pic.twitter.com/7fS2IcD2bm
— RFEF (@rfef) March 25, 2020
Ademais Rubiales explicou que a RFEF está disposta a aceptar o aprazamento sen sancións das posibles débedas dos clubs cos futbolistas xerada polo período de inactividade polo Covid-19, garantindo o 100% do salario dos futbolistas e sempre previa negociación con sindicatos.