Sensacións positivas para o Froiz na súa primeira competición da tempada
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz comeza a carburar neste 2020. O equipo pontevedrés vén de participar durante a fin de semana no Memorial Manuel Sanroma disputado en Almagro, Cidade Real.
A primeira competición da tempada para o conxunto pontevedrés non deixou ningún resultado de renome, pero si boas sensacións a poucos días de que de comezo a Copa de España Elite e Sub-23 no Circuito do Guadiana, en Estremadura.
Na primeira xornada do Memorial Manuel Sanroma, con tres voltas a un circuíto de 35 quilómetros, a escuadra alimenticia tomou as rendas do pelotón no ecuador rompendo a carreira e provocando a formación dun grupo de 15 unidades na que se atopaba Iván Martínez. A vitoria decidiuse ao sprint, co ciclista do Froiz en décimo posto, pero sen diferenzas cun pelotón que cazou xusto na chegada a meta.
O domingo pola súa banda o exame era de maior consideración, cun percorrido no que figuraban dúas dificultades montañosas. Na máis dura delas, de 1ª categoría, formouse unha selección de 40 corredores no que se meteron Aarón Mariño, Iván Martínez e Víctor Romero.
O triunfo decidiuse de novo ao sprint, vencendo David Martín (Kometa Xtra Cycling Team) con Aarón Mariño 13º.
Relacionadas:
-
Unha caída no pelotón aparta ao Froiz da loita pola vitoria na segunda proba da Copa de España
Por Redacción |
-
O Circuito do Guadiana resísteselle ao Froiz no inicio da Copa de España
Por Redacción |
-
O Froiz, presente no Mundial de Ciclismo en Pista en Berlín
Por Redacción |
-
Presentación de gala para a nova tempada do Froiz
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ilusións renovadas do Froiz para a súa 32 tempada no pelotón ciclista
Por Diego Espiño |
-
Primeiro podio do ano para o Super Froiz. Iuri Leitao, proclámase campión de Portugal
Por Redacción |