Poñer fin á súa mala serie, obxectivo do Peixe Galego ante o Granada
Por Diego Espiño
O pavillón marinense da Raña acollerá este sábado (20:00 horas) unha nova xornada da Liga LEB Ouro para un Peixe Galego que quere agarrarse á competición.
Os de Javi Llorente reciben o Covirán Granada, duodécimo clasificado da categoría cun balance negativo de 7-12.
Despois da boa imaxe das dúas últimas xornadas, chegando a poñer contra as cordas ao líder Valladolid e tamén en Cáceres, o Peixe espera que esa melloría tradúzase ao fin nunha vitoria "que nos de aire y que también nos fortalezca mentalmente", sinala o técnico despois de cinco partidos sen gañar.
"El mayor problema en una dinámica como la nuestra es que se deje de competir", sinala Llorente, pero é un extremo que non se está dando no equipo, asegura.
O adestrador do equipo marinense contará con todos os seus efectivos dispoñibles.
En canto ao rival, chegará ao pavillón da Raña a unha derrota dos postos de descenso e tras romper a pasada semana unha xeira de cinco xornadas sen vencer.