Italia gaña o Turismo Rías Baixas Worlds con Jaime e Alfonso Leirós no podio mundial
Por Redacción
A última xornada de competición do Turismo Rías Baixas Worlds foi de infarto. Dúas probas foron as encargadas de definir o podio mundial no Real Club Náutico de Sanxenxo e, de paso, dar un novo volvo na xeral. Os italianos Zampacavallo e Armengot cólganse o ouro mundial mentres que Jaime e Alfonso Leirós soben á terceira praza do caixón de honra.
España é, sen lugar a dúbidas, o país con máis representantes no podio mundial do Turismo Rías Baixas Worls cun total de catro tripulacións no caixón de honra. Na xeral absoluta, os irmáns Jaime e Alfonso Leirós logran colgarse o bronce mundial mentres que Lucía e Laura Llópiz se proclaman campioas do Turismo Rías Baixas Worlds acompañados por Alejandra Suárez e Helena Pérez, os cales se colgan a prata.
Despois de 14 intensas mangas e unha semana de competición, a tripulación italiana do 'Zas Sailing Locura' formada por Franceso Zampacavallo e Carlos Frances Armengot cólgase o ouro mundial no Real Club Náutico de Sanxenxo. O título de subcampión do mundo foi a parar ás mans dos eslovacos Miroslav e Miros Baran. Completan o podio os regatistas do Real Club Náutico de Sanxenxo Jaime e Alfonso Leirós, os cales un ano máis volven subir ao podio mundial.
Dobre español e categoría feminina no Turismo Rías Baixas Worlds. Como moitos esperaban, Lucía e Laura Llópiz cólganse o ouro, pero a sorpresa veu da man de Alejandra Suárez e Helena Pérez os que día tras día foron ascendendo posicións ata coarse, hoxe mesmo, na segunda praza do caixón. As holandesas Femke Yntema e Janine de Haan soben á terceira praza do caixón.
Boas noticias para a vela española tamén en clasificación júnior e é que Alejandro González Luca de Tena e Miriam González se colgan o bronce mundial. O ouro é para Fokkema e Veldhuis, novos campións do mundo, mentres que a prata é para os tamén holandeses Yntema e Bonnema.
Zampacavallo e Armengot asinan dobre no Turismo Rías Baixas Worlds e é que ademais do título mundial en categoría absoluta se levan o triunfo en máster. Sen lugar a dúbidas, os italianos mostráronse intratables no campo de regatas pontevedrés. Nesta ocasión Maurizzio Raffaeli e Chiara del Vincio cólganse a prata mentres que os franceses Drogou e Guilloux fan o propio co bronce.
Ás 18:30 horas as instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo acolleron a entrega de premios do Turismo Rías Baixas Worlds na que os novos campións do mundo da clase Vaurien recolleron os seus trofeos. No acto, entregáronse os galardóns aos novos campións do mundo de Vaurien e, ademais, recoñeceuse a actuación de Orballo Maciel, mellor regatista feminina. O momento máis emotivo veu da man de Ugo Zappi, medidor de 90 anos, que esta semana se desprazou ata Sanxenxo para formar parte do Comité Internacional do Turismo Rías Baixas Worlds.