A permanencia do Arxil na Liga Femenina 2 decidirase no CGTD
Por Manu Otero
O Arxil está ao bordo do abismo. Inmersas nun refacho de oito derrotas consecutivas, as verdes inician o último tramo de liga coa urxencia de comezar a sumar vitorias para fuxir da zona de descenso, só unha vitoria as separa da queima. É por iso que desde o club fan un chamamento á afección para que acuda en masa aos sete de doce partidos que as pontevedresas disputarán como locais antes do final de liga.
A carreira pola permanencia comeza este sábado. As de Mayte Méndez reciben ao pechacancelas, que conta por derrotas todos os seus partidos. Con todo, chegarán á cidade do Lérez nunha clara liña ascendente, con resultados cada vez máis apertados, polo que as locais deberán ofrecer a súa mellor versión para cortar dunha vez por todas a mala dinámica que arrastras desde hai meses.
E no horizonte agarda o ADBA. As de Avilés visitarán a cancha do CGTD dentro de quince días nun duelo que marcará o futuro de ambos os conxuntos. Unha vitoria local dará aire ás verdes, unha derrota apertaría aínda máis a loita pola salvación. Ademais, o calendario será logo máis esixente para as da Boa Vila.
Desde o club piden o apoio dos seus seareiros. O futuro do Arxil na elite nacional está en xogo.
Relacionadas:
-
Un xamón para encher a cancha do Centro de Tecnificación
Por Redacción |
-
O Arxil reencóntrase coa vitoria á conta do Pozuelo (70-51)
Por Almu Dapena & Diego Torrado |
-
O Arxil, ante dous partidos para recuperar sensacións
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
Mal comezo da segunda volta para o Arxil que cae na súa visita ao Celta (80-61)
Por Redacción |
-
O Arxil encara a segunda volta de liga coa necesidade de sumar vitorias
Por Redacción |
-
O Arxil ficha a ala-pívot arxentina Johanna Puchetti
Por Redacción |