O Arosa empata ante o Polvorín a domicilio (2-2)
Por Redacción
Segundo partido consecutivo fóra de casa para o Arosa, que se desprazou a Lugo para enfrontarse ao filial. Os de Rafa Sáez volveron desperdiciar a vitoria nos últimos dez minutos de encontro a pesar de ir por diante no marcador.
O encontro comezou co Arosa dominando e forzando a primeira amarela aos catro minutos de xogo. O árbitro amoestaba ao central local, Nico, por un agarrón a Pedro Beda. Acto seguido, o conxunto de Rafa Sáez tivo a primeira ocasión nas súas botas. Manu centrou e Pedro Beda asistiu a Raul, que rematou cruzado pero o balón foise fóra.
Cumpríanse os primeiros 10 minutos de partido e o Arosa era o que tiña o control ata o momento, pero enseguida chegou o primeiro disparo a porta do Lugo. Álex Rey tentou ver portería pero o esférico estrelouse na defensa visitante e foise a córner.
A partir dese momento, o Lugo comezou a dominar pero foi o Arosa o que abriu a lata primeiro. Cotilla centrou e Javi Otero rematou ao segundo pau para poñer o 0-1 no minuto 24.
Despois do gol, os locais volveron ter pero Manu Táboas estivo acertado e realizou unha boa parada a Chiqui, evitando así a igualada, que finalmente chegou por mediación de Rayco a falta de tres minutos para chegar ao descanso.
Tras o intermedio, Javi Otero tivo a primeira para o Arosa rematando un novo centro de Cotilla que finalmente se foi desviado. Os visitantes dominaban e volveron ter unha nova ocasión, de novo de Javi Otero. Manu Rodríguez lanzou unha falta lateral que rematou fóra o goleador arousán.
Cos de Rafa Sáez presionando a área rival, chegou o segundo tanto. Raul fíxose co balón na frontal da área e viu só a Manu Rodríguez, que se encargou de materializar a xogada e poñer ao seu equipo por diante no marcador no minuto 72.
Co 1-2, o Arosa seguiu dominando pero sen ver a rede rival. Máis fortuna tivo o Lugo que a falta de 9 minutos para a conclusión, volveu igualar o encontro despois de que Manu Núñez aproveitásese dun rexeite de Manu Táboas e así poñer o 2-2 final.
Consulta a acta da Polvorín-Arosa na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
O Arosa remonta un gol temperán do As Pontes e acaba goleando (3-1)
Por Redacción |
-
Un reforzado Arosa volve coñecer a vitoria tras vencer o Estradense por 0-1
Por Redacción |
-
Cuarto empate consecutivo do Arosa que reparte os puntos coa UD Ourense (1-1)
Por Redacción |
-
Ao Arosa escápaselle a vitoria no último minuto ante o Rápido de Bouzas (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa e o Deportivo Fabril non pasan do empate sen goles en Vilaxoán
Por Redacción |
-
O Arosa aprovéitase da resaca copeira do Bergantiños (1-3)
Por Redacción |