
© Club Waterpolo Pontevedra
Carrusel de campionatos galegos de waterpolo no CGTD de Pontevedra

Por Redacción
Pontevedra será unha tempada máis a casa do waterpolo galego. Será así pola implicación do Club Waterpolo Pontevedra na organización de campionatos.
Durante este ano o club pontevedrés organizará ata 13 campionatos autonómicos, tal e como sinalaron na presentación dos catro primeiros levada a cabo este xoves no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).
Esas catro competicións desenvolveranse durante o mes de xaneiro, en plena tempada de inverno, empezando este mesmo sábado día 11 co Campionato Galego Cadete Feminino, onde desde as 10:00 horas competirán tres clubs (Pontevedra, RCN Vigo e CW Coruña) en formato de triangular.
Ademais o CGTD será escenario o sábado 18 de xaneiro dos campionatos autonómicos Infantil Feminino e Benxamín Mixto, mentres que o sábado 25 de xaneiro está previsto que se celebra o Campionato Galego Alevín Mixto, o máis concorrido de todos coa presenza de ata 7 equipos.
Relacionadas:
-
O CW Pontevedra domina no cuádruplo enfrontamento contra o RCN Vigo
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra retoma a competición con triunfo sobre o Rías Altas
Por Redacción |
-
As cadetes do CW Pontevedra son campioas galegas
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra perde a súa condición de invicto en Santiago
Por Redacción |
-
Alejandro Andión e Diego Touriño, dous pontevedreses no Plan Nacional de Tecnificación de Waterpolo
Por Redacción |