"Ganar, ganar y volver a ganar". O propósito de ano novo do Pontevedra
Por Manu Otero
Como dicía Luís Aragonés, o desexo do adestrador do Pontevedra, Carlos Pouso, para o 2020 é "ganar, ganar y volver a ganar". O técnico quere empezar a súa anhelado xeira triunfal este sábado (20.30 horas, en Pasarón) fronte ao Internacional de Madrid. "Y luego ganar el del miércoles y seguir".
Os granates reciben esta fin de semana a un dos equipos revelación da categoría. O cadro madrileño, que marcha sétimo clasificado a un só punto dos de Pasarón, "es un equipo muy alegre, de los más goleadores y de los más goleados. Tratan de ser muy intenso y cambian poco cuando juegan fuera de casa. Trabajan muy bien el aspecto defensivo y en ataque es muy versátil", detalla Pouso as característias do seu rival. Para o preparador biscaíño, os atacantes Rufo e Rubén Ramos son, pola súa capacidade goleadora, a principal ameaza do seu rival.
O parón por vacacións parece sentarlle ben ao plantel, recoñece Pouso. "En los entrenamientos han respondido bien, para nada han llegado con más peso", dixo coa esperanza de ter a todos os seus xogadores dispoñibles para o partido coas excepcións dos lesionados Berrocal e Javi López, así como do sancionado Pedro Vázquez.
A avultada derrota recibida na última xornada de liga fronte ao San Sebastián de los Reyes está aínda na mente do corpo técnico. "Entre mañana y pasado veremos algunos errrores que cometimos. Es más fácil corregir cuando se pierde porque parece que cuando se gana no se han cometido errores. Los fútbolistas saben que han cometido errores, pero recordárselo no viene mal", declarou Pouso, quen admitiu reñir aos seus xogadores despois do partido, aínda que na rolda de prensa posterior asegurou non ser partidario de dar charlas despois do asubío final.
"Cometimos errores en ambas áreas", dixo ao ser preguntado polos fallos para corrixir despois de recibir a súa primeira goleada como adestrador do Pontevedra.
Aínda que a súa principal preocupación é o partido de liga desta fin de semana, no vestiario de Pasarón son conscientes de que o mércores haberá que volver saltar ao céspede para retomar a eliminatoria de Copa do Rey suspendida pola choiva fronte ao Eivissa. "Mi intención es intentar pasar la eliminatoria. Todo el mundo sabe que tenemos fecha de caducidad en esta competición, pero todavía no la hemos puesto", sostén Pouso con ilusión pero sabedor que a xesta lograda polo seu Mirandés, chegou a semifinais de Copa despois de eliminar a tres equipos de Primeira, é case imposible de revivir. "Ocurre cada muchos años, los tienes que pillar distraídos o en depresión, los que vivimos aquello no lo vamos a volver a vivir".
Relacionadas:
-
O Pontevedra retoma a Copa coa cabeza no mercado e en recuperarse das últimas derrotas
Por Manu Otero |
-
Pouso: "Mi idea es afrontar la segunda vuelta con 22 jugadores"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra regresa aos adestramentos coas únicas baixas de Berrocal e Javi López
Por Manu Otero |
-
Fixados os horarios para os primeiros partidos do ano do Pontevedra
Por Redacción |
-
Pesadelo antes do Nadal do Pontevedra na cancha do pechacancelas (4-1)
Por Manu Otero |
-
Sorteo de Copa do Rei: o Albacete espera o vencedor do Pontevedra-Ibiza
Por Diego Espiño |