Melania Rodríguez queda lonxe dos primeiros postos no inicio do Mundial de Trampolín
Por Diego Espiño
Era obxectivo moi complicado, e polo menos de momento terá que esperar. Melania Rodríguez non conseguiu selar a súa clasificación olímpica no Campionato do Mundo de Ximnasia Trampolín que comezou este xoves en Xapón.
A ximnasta pontevedresa encaraba con ilusión a fase clasificatoria na disciplina de trampolín, onde debía chegar á final para conseguir o billete para Tokyo 2020, pero quedou lonxe dos primeiros postos. Queda aínda a carta do Campionato de Europa.
Melania sumou unha puntuación nos seus dous saltos de 97.110 (45.255 + 51.855) que a colocou no 45º lugar sen poder acceder ás semifinais da competición.
Si estará na penúltima rolda a española Noemí Romero (100.085 puntos) ao ocupar a última praza de clasificación, sendo 26ª. O equipo nacional, que foi noveno na clasificación conxunta, completárono Marina Chavarría (98.370) e Cristina Sainz (93.850).
Mellor foron as cousas aos outros dous deportistas do Ximnasia Pontevedra-Burgas Ourense en competición, o pontevedrés Alejandro Bernárdez e o ourensán Daniel Pérez, na modalidade de dobre minitramp ( DMT).
A nivel individual Bernández foi 13º (72.800 puntos) e Pérez 19º (71.700 puntos), e aínda que non entraron na final individual si o fixeron na de equipos ao ser España a terceira mellor selección na rolda previa.
Relacionadas:
-
Melania Rodríguez, bronce no Mundial de Ximnasia Trampolín de Bakú
Por Redacción |
-
Cancelado o Europeo de Ximnasia Trampolín, última vía de clasificación olímpica para Melania Rodríguez
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Bernárdez e Daniel Pérez, do Ximnasia Pontevedra, quedan ás portas do podio no Mundial
Por Redacción |
-
As esperanzas olímpicas de Melania Rodríguez, en xogo no Mundial de ximnasia trampolín
Por Diego Espiño |
-
A ximnasta Melania Rodríguez representará a España no mundial de Toquio
Por Manu Otero |
-
Adrián Soliño, nove veces campión de España a pesar das pingueiras e as humidades
Por Manu Otero |
-
Melania Rodríguez proclámase subcampioa do mundo de Ximnasia Trampolín
Por Sofía Lorenzo |