O Poio FS renova o patronicio de Pescamar e presenta a Silvia Aguete
Por Redacción
O Poio Fútbol Sala seguirá chámandose Poio Pescamar na tempada da súa estrea na Primeira División de fútbol sala feminino.
A conserveira ampliou o seu apoio ao equipo vermello para o próximo curso, histórico para o club pola súa participación na máxima categoría feminina pero no que o reto se sitúa tamén en repetir os éxitos dos equipos da canteira, que lograron entre outros títulos o campionato de españa cadete, tamén en categoría feminina.
Aproveitando a sinatura do convenio, o Poio presentou ademais á súa fichaxe máis recente, a gardameta procedente do Leis Pontevedra Silvia Aguete.
O club, que asegurou que Silvia tiña ofertas doutros equipos de Primeira División, mostrouse encantado coa súa incorporación cualificándoa como "una das mellores porteiras nivel nacional".