O Campionato Internacional Tenis Atlántico enche de actividade o Casino Mercantil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Casino Mercantil de Pontevedra prepárase para vivir, por segunda fin de semana consecutiva, a actividade do Campionato Internacional Tenis Atlántico.
Tras a competición das categorías inferiores, tócalle agora a quenda aos xogadores sénior, que chegarán desde diferentes puntos de Galicia e Portugal.
Este campionato nace de feito da colaboración entre a Federación Galega de Tenis e as Asociacións de tenis de Porto, Aveiro, Coimbra e Leiria.
Os partidos da categoría absoluta empezarán ás 10:00 horas deste sábado 26 de outubro e prolongaranse durante toda a fin de semana, estando as finais previstas para as 15:30 horas do domingo.
En canto ao campionato de categorías inferiores, xa finalizado, os campións foron Salvador Monteiro e Clara Arambillet en idade alevín e Lena Couto e Luis Miguel Sariava na infantil.