Viran Morros e Manolo Laguna compartirán con 70 nenos o Campus Juan de Dios Román de balonmán
Por Redacción
Sanxenxo respirará balonmán durante unha semana coa celebración, dende o sábado 6 e ata o día 13 de xullo, da sétima edición do Campus Juan de Dios Román.
Un total de 70 nenos en idade infantil, cadete e xuvenil inscribíronse nunha actividade que contará coa presenza do ex-teucrista Viran Morros, actual xogador do Barcelona e flamante campión do Mundo coa Selección Española, ou do adestrador Manolo Laguna, técnico que estivo en Asobal e seleccionador nacional júnior.
Os participantes realizarán diferentes actividades non só no ámbito do balonmán, pois está prevista unha xornada de confraternidade cos integrantes do Club Náutico de Portonovo.
CLINIC DE ADESTRADORES
Parelelamente coa celebración do campus Sanxenxo acollerá tamén, este sábado día 6, unha xornada de perfeccionamento de adestradores de balonmán.
A esta xornada, gratuíta, inscribíronse máis de 60 técnicos, que poderán acudir ás ponencias do propio Manolo Laguna ou do seleccionador nacional absoluto, Manolo Cadenas. Tamén participará na xornada o preparador de Túnez Paulo Jorge de Moura Pereira.