Segundo bronce para Diego Romero no peche do Europeo Júnior e Sub-23 de piragüismo
Por Redacción
O padexeiro vilagarciano do Club Breogán do Grove Diego Romero repetiu xesta na última xornada do Campionato de Europa Júnior e sub-23 de Poznan, Polonia, colgándose o seu segundo bronce da competición.
Romero finalizou terceiro na disciplina de C-1 500 en categoría sub-23, mesmo resultado que o obtido o sábado nos 1.000 metros.
Pola súa banda as complicadas condicións do campo de regatas, con presenza dun forte vento e ondada, prexudicou ao piragüista de Poio Sergio Vallejo na súa segunda final, a de C-1 500 júnior, na que finalizou en noveno lugar.
A xornada final do Europeo deixou ademais unha última medalla para a representación galega, a do K-2 500 sub-23 de ÿscar Carrera, do Kaiak Tudense, e Rodrigo Germade, do Piragüismo Aldán.