Sergio Vallejo clasifícase para as finais de C-1 500 e C-1 1000 no Europeo Júnior de Poznan
Por Redacción
O padexeiro do Club Piragüismo Poio Conservas Pescamar Sergio Vallejo clasificouse para disputar dúas finais do Campionato de Europa Júnior que se está a celebrar na cidade polaca de Poznan.
Sergio loitará polas medallas nas modalidades de C-1 500 e C-1 1000 metros, despois de demostrar sobre a pista o bo momento de forma polo que atravesa e que confía sírvalle para alcanzar algún metal na competición que conclúe o próximo domingo coa disputa da maioría das finais.
Tamén se clasificaron para as súas respectivas finais outros piragüistas galegos, como o dúo formado por Rodrigo Germade, do Piragüismo Aldán, e ÿscar Carrera, do Kaiak Tudense, no K-2 500 ou a padexeira do Club Fluvial Lugo Tania Fernández, que logrou o pase no K-2 1000 metros.
O Campionato de Europa sub-23 e Júnior conta coa presenza de catorce deportistas galegos, que afrontarán unha intensa xornada de competición este sábado con probas pola mañá e pola tarde.
Relacionadas:
-
Segundo bronce para Diego Romero no peche do Europeo Júnior e Sub-23 de piragüismo
Por Redacción |
-
O piragüista de Vilagarcía Diego Romero cólgase o bronce no C-1 1.000 do Europeo Sub-23
Por Redacción |
-
Diego Romero, Laura García e Sergio Vallejo, grandes bazas no Europeo sub-23 e júnior de piragüismo
Por Redacción |