O granate Alfredo Mejía regresa a Honduras para solucionar problemas de documentación
Por Manu Otero
Alfredo Mejía, o mediocentro hondureño fichado polo Pontevedra hai unha semana, leva dúas xornadas ausente dos adestramentos. O futbolista tivo que regresar ao seu país para arranxar problemas relacionados co tránsfer e outra documentación de carácter persoal necesaria para establecerse en España e que é preciso xestionar de forma presencial, explican fontes do club. Unha información que confirmou o propio xogador. "Estoy haciendo el visado de trabajo, estaré pronto de vuelta", afirmó.
No Pontevedra agardan que o xogador se reincorpore á rutina do equipo o vindeiro luns e que poida estar dispoñible para entrar na convocatoria do próximo partido en Pasarón contra o Sporting B se o técnico estímao conveniente. Mais non descartan que a recepción do tránsfer se atrase máis do desexado e o debut do hondureño teña que esperar.
Con todo, o corpo técnico granate conta co xogador e están convencidos de que a próxima semana volverá estar ás ordes de Luismi con todos os trámites administrativos liquidados. O propio adestrador granate eloxiou esta semana o traballo realizado por Mejía durante a súa primeira semana como xogador do Pontevedra. "É un profesional. Vese que se coida e traballa cada día a máxima intensidade, está a tentar integrarse e coller conceptos canto antes. Creo que nos vai a achegar moito", declarou o preparador.
DESCARTE
A incorporación de Alfredo Mejía obriga ao club para liberar unha ficha sénior. Aínda que o club non o confirmou, están a negociar con Adrián Mouriño unha solución para prescindir da súa ficha. O xogador ten contrato para esta tempada e, se non se consegue un acordo, quedará baixo a disciplina do club pero sen ficha federativa.
Relacionadas:
-
Alfredo Mejía vaise e libera unha ficha para pechar un mediocentro
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra prepara a viaxe a Ibiza coa defensa en cadro
Por Manu Otero |
-
Jaouad Erraji, central internacional sub-23 con Marruecos, chega cedido polo Leganés ao Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Oito minutos iniciais de terror permiten ao Racing de Ferrol golear o Pontevedra (4-1)
Por Redacción |
-
Adrián Mouriño causa baixa no Pontevedra e deixa ficha libre para Alfredo Mejía
Por Redacción |
-
Álex González acurta os prazos e reaparecerá na Malata
Por Manu Otero |
-
O papel que xogou Igor de Souza na fichaxe de Alfredo Mejía polo Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra ficha ao mediocentro hondureño Alfredo Mejía
Por Manu Otero | Creada e actualizada