O Arxil inscríbese en Liga Feminina 2 á espera de que decida a Federación
Por Redacción
O Club Baloncesto Arxil segue a queimar etapas no seu intento de recuperar nos despachos un lugar na segunda categoría do baloncesto feminino nacional.
A directiva verde anunciou a consecución do aval bancario e a intención de pagar este xoves na Federación Galega a inscrición para participar en Liga Feminina 2, requisitos demandados pola Federación Española de Baloncesto (FEB).
Agora o Arxil deberá esperar á decisión do ente federativo unha vez péchese o prazo para que outros equipos poidan aspirar á praza pola que suspira o equipo pontevedrés, un prazo que se prolonga ata o próximo 5 de xullo.
As contas da directiva verde pasan por optar á única vacante que quedaría libre en Liga Feminina 2, onde hai 23 equipos con dereito federativo: os 18 que permanenceron, un descendido de Liga Feminina e os catro ascendidos de Primeira Nacional.