O Arxil evita viaxar a Canarias e medirase a galegos, asturianos, vascos, rioxanos, leoneses e madrileños
Por Redacción
O Arxil xa coñece aos seus rivais da próxima tempada. A comisión delegada da Federación Española de Baloncesto confirmou este mércores a composición dos grupos da liga Feminina 2 para a tempada 2019-2020 na que o Arxil medirase a equipos de Galicia, Asturias, País Vasco, Castela e León, A Rioxa e Madrid.
"É un grupo bastante homoxéneo no que calquera pode gañar, hai que esperar á confección das persoais pero haberá seis equipos favoritos e o resto teremos que pelexar cada partido", declarou o presidente do Arxil, Lino Vázquez, quen se mostrou "moi contento coa confección do grupo" porque evitan viaxar ás illas. "Só temos tres saídas longas ao País Vasco e cinco a Madrid, o resto estamos a catro horas, algo que é moi importante no aspecto económico e físico", puntualizou o dirixente.
Aínda que a tempada non empeza ata o 5 de outubro, no Arxil esperan pechar pronto o capítulo de renovacións e comezar a preparar unha pretemporada para chegar no mellor estado de forma posible ao comezo da liga.
A composición do grupo A da Liga Feminina 2 queda integrada polos galegos Arxil, Cortegada, Celta e Baxi Ferrol; o Avilés, de Asturias; o Aros, de León; os vascos Ibaizábal e Barakaldo; o Añares, da Rioxa; e o Pozuelo, Canoe, Leganés, Estudantes e Alcobendas, de Madrid. No grupo B quedan os cataláns, navarros, canarios, murcianos e andaluces.
Relacionadas:
-
O Arxil debuta con derrota ante o Ferrol na Copa Galicia (65-79)
Por Redacción |
-
O Arxil xogará un mínimo de cinco partidos amigables antes de comezar a liga
Por Redacción |
-
O Arxil recibirá ao Celta Zorka no primeiro partido de liga
Por Manu Otero |
-
Marga Moreira firma unha tempada máis co Arxil
Por Sofía Lorenzo |
-
Aldara Vázquez, sexta xogadora confirmada para o próximo curso do Arxil
Por Manu Otero |
-
A estadounidense Heather Forster, segunda incorporación do Arxil
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache, cuarta xogadora confirmada no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil formaliza a súa inscrición un ano máis na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
María Lago, oito tempadas no Arxil e a piques de comezar a novena
Por Sofía Lorenzo |
-
A aleiro sueca Linnea Rosendal, primeira fichaxe do Arxil
Por Redacción |