O Arxil debuta con derrota ante o Ferrol na Copa Galicia (65-79)
Por Redacción
O Arxil iniciou este martes a preparación da nova tempada. As verdes recibiron no CGTD ao Baxi Ferrol no primeiro enfrontamento da Copa Galicia e saldouse cunha clara derrota (65-79) do conxunto pontevedrés que, a pesar do resultado, ofreceu unha boa imaxe e deixou boas sensacións entre a afección.
O encontro quedou visto para sentenza xa no primeiro cuarto, no que o conxunto visitiante, un dos favoritos ao ascenso, non deu opción á escuadra local e asestou un contundente 15-24. A dinámica anotadora das ferrolás decaeu no segundo cuarto, pero aínda así o Arxil era incapaz de reducir diferenzas. Ao descanso chegouse cun 28-43 favorables ás coruñesas.
As forzas igualáronse despois do paso por vestiarios. Con garra e empuxe, as pontevedresas levaron o terceiro cuarto, pero as diferenzas eran demasiado grandes como para obrar o milagre da remontada. As visitantes dedicáronse a administrar a vantaxe e a repartir minutos entre un persoal que oresentó un importante número de baixas.
O Arxil chegou a achegarse no marcador, pero catro triplos consecutivos das ferrolás acabaron por sentenciar o duelo. O positivo para o Arxil foi o desempeño da recentemente chegada Heather Forster, que asinou 17 puntos, e asociouse á perfección coa veteranas María Lago (11 puntos) e Carla Fernández (11 puntos).
Relacionadas:
-
O Arxil cae diante do Zamarat no partido de presentación ante o seu público (48-63)
Por Redacción |
-
Os tiros libres condenan a un Arxil que acumula a súa terceira derrota en Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil cae fronte ao Celta Zorka na segunda xornada de Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil volve á carga tras as vacacións
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Arxil pide aos seus afeccionados que se fagan socios como regalo polo seu 35 aniversario
Por Redacción |
-
O Arxil reestrutura a súa pretemporada tras os cambios na Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil evita viaxar a Canarias e medirase a galegos, asturianos, vascos, rioxanos, leoneses e madrileños
Por Redacción |