Só 43 dos actuais accionistas do Pontevedra participaron na primeira fase de ampliación de capital
Por Redacción
O Pontevedra CF pechou este xoves a regularización da primeira fase da ampliación de capital, na que tiñan o dereito de suscripción preferente quen xa eran accionistas da SAD. Ao término deste proceso, que se iniciou o pasado 13 de maio, apenas 43 dos actuais accionistas subscribiron novos títulos. Desde o club non quixeron dar información sobre o número de accións que adquiriron no seu conxunto.
Nun comunicado remitido á prensa, o Pontevedra CF agradécelles a estes 43 accionistas o seu compromiso co club e expresa a súa esperanza de que a segunda fase de ampliación de capital teña unha boa acollida.
A partir deste venres 21 de xuño empezará esta segunda fase. Nela poderán comprar accións do Pontevedra CF todas aquelas persoas que o desexen. Dispoñerán para iso dun prazo dun mes.
Quen estea interesados en exercer o dereito de susbcrición que comeza mañá poden dirixirse directamente á oficina do Banco Etcheverría (emplazada na rúa Sagasta) ou ben solicitar máis información nas oficinas do club, situadas no Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
Chamamento desesperado do Pontevedra ante o escaso apoio á ampliación de capital
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pide aos investidores que autoricen por escrito a súa compra de accións
Por |
-
O Pontevedra C.F. mantén a venda de accións a persoas que non teñen dereito de subscrición
Por Ramiro Espiño |