O Poio FS cadete feminino proclámase campión de España
Por Redacción
O ascenso a Primeira División do primeiro equipo feminino non é o único do que pode presumir o Poio Fútbol Sala esta tempada despois de que o conxunto feminino cadete se proclamase campión de España no torneo celebrado a pasada fin de semana na localidade madrileña de Alcorcón.
As vermellas lograron o título contra prognóstico impoñéndose na final ao Intersala Zaragoza nun partido igualado (1-0) grazas ao gol de Tania Esperón, máxima goleadora da fase final.
No campionato enfrontáronse oito campións autonómicos: C.D. Cantera (Navarra), Roldán FSF (Murcia), Intersala (Aragón), FS San Bernabé (A Rioxa), Almagro FS (Castela-A Mancha), Sta. Rosa Alcoy (Valencia), FSF Alcorcón (Madrid) e ED Poio FS (Galicia).
O Poio completou un campionato sen erro, gañando na primeira fase ao CD Cantera (7-2), Sta. Rosa Acloy (1-0) e FS San Bernabé (6-0) e na semifinal ao Roldán FSF (5-3).