![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/364/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cbddbe4ab-podio-senior-c4-taboada.jpg)
© Federación Galega Piragüismo
Os clubs pontevedreses, protagonistas no primeiro Campionato Galego de piragüismo de fondo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O municipio lucense de Taboada foi escenario a fin de semana do primeiro Campionato Galego de piragüismo de fondo, con importante protagonismo dos clubs pontevedreses.
A competición disputouse para embarcacións K-4 e C-4, sobre a distancia de 5.000 metros, coa participación de 22 equipos e preto de 300 deportistas.
O Club Piragüismo Vilaboa levou o triunfo na categoría sénior masculina por diante do Club Naval de Pontevedra, mentres que o Náutico Pontecesures foi terceiro, mentres que na categoría feminina o vencedor foi o Club de Mar Ría de Aldán.
En idade xuvenil o premio gordo foi para a EP Ciudad de Pontevedra en ambas as categorías, co Piragüismo Verducido e o Club Confraría de Pescadores de Portonovo completando o podio masculino e o Kayak Tudense e Náutico de Betanzos no feminino.
No que respecta aos resultados individuais, o Vilaboa e Naval de Pontevedra foron segundo e terceiro no K-4 absoluto masculino, mentres que a EP Ciudad de Pontevedra impúxose no C-4 co Piragüismo Poio segundo. O Piragüismo Verducido venceu ademais no kaiak xuvenil.
Relacionadas:
-
Antía Jácome, Carolina García e Sergio Vallejo, protagonistas da segunda xornada do selectivo nacional en Verducido
Por Redacción |
-
O Club Naval de Pontevedra e As Torres triunfan no Galego de Inverno de Barra de Miño
Por Redacción |
-
Catro medallas pontevedresas no Campionato de España de Novas Promesas
Por Almu Dapena |
-
Doblete para o Piragüismo Cambados na liga galega de kaiak de mar
Por Almu Dapena |
-
Chuvia de medallas para o piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |