Durísima derrota do Marcón ante o Moaña no Carrasco (0-5)
Por Redacción
O Marcón Atlético foi duramente derrotado esta fin de semana polo Moaña, candidato para chegar a meterse en postos de ascenso, no Carrasco. Así, os de Borja Burgos continúan ancorados á parte media-baixa da clasificación (décima terceira posición), a falta de cinco xornadas para o final da tempada.
Xa comezaron sendo superiores os visitantes, que, a escasos cinco minutos do inicio, anotaron o 0-1 por medio de Darío Martínez. Con todo, non sería ata o 44' que continuarían aumentando a súa renda. Foi Xandre Currás quen marcou o 0-2 antes dos minutos de descanso.
Coa reanudacion, nada foi distinto. Os de Moaña seguiron controlando o xogo. Rubén González anotou o 0-3 no 55' de penalti, eliminando as esperanzas locais de remontada nos minutos restantes. No 69', Darío volvería facer os seu fronte á portería de Jose. Finalmente, cando os anfitrións xa perderan calquera oportunidade, Omar Cid terminou de aumentar a renda visitante (0-5).
Consulta a acta do Marcón Atlético-Moaña.
Choque directo esta fin de semana entre o Mondariz CF e o Villalonga CF na Lagoa. Os visitantes suman, así, a súa sexta vitoria consecutiva (35 puntos en 13 partidos), converténdose no equipo coa mellor dinámica de Preferente. Os anfitrións, pola súa banda, ven obrigados a colocarse un pouco máis preto dos postos de perigo.
Dous goles na primeira parte, ambos de Javi Vila (o primeiro no 10' e o segundo no 39'), deron unha tranquilizadora vantaxe aos de Villalonga antes da chegada do descanso. Tras o paso polo vestiario, sen embrago, a dinámica de xogo foi outra, tanto que un penalti dos locais recortaba distancias no 68'. Con todo, quedaría niso, sendo incapaces de chegar, polo menos, á repartición de puntos.
Consulta a acta do Mondariz CF-Villalonga CF.
Pola súa banda, o CD Beluso, que continúa pelexando pola parte alta da táboa, recibiu ao Xuventú Sanxenxo para disputar un choque directo por meterse en postos de play-off. Con todo, a pesar de contar coa vantaxe de jugar en casa, os de Rial suman, con esta, a súa cuarta derrota consecutiva.
Os do Salnés dominaron o partido desde o comezo. Un gol de Dieguito, á media hora do inicio, inauguraba o marcador, poñendo ao Sanxenxo por diante. Seis minutos despois, Charles aumentou a renda co 0-2. Ante a falta de ideas por parte dos anfitrións, no que respecta ao xogo ofensivo, o choque foise ao descanso coa vantaxe visitante.
Tras o paso polo vestiario, Charles volveu facer o seu, establecendo o definitivo 0-3 no 63'.
Consulta a acta do CD Beluso-Xuventú Sanxenxo.
Duelo de necesidade o que se disputou esta fin de semana en Lampáns entre o CD Amencer e o USD de O Grove. Ambos precisan puntuar para librarse dos postos de descenso. Con todo, nesta ocasión, os locais foron notablemente superiores na segunda metade, facendo que os de Santi Mariño somen a súa terceira derrota consecutiva.
Comezou bastante igualado o choque, tanto que non foi ata o 44' da primeira metade que os locais inaugurarían o marcador por medio de Julio Rodríguez. Sería tras a continuación que Davor Mariño (78') e Álex Pintos (a falta dun minuto para o final), terminarían de establecer o 3-0 da vitoria.
Consulta a acta do CD Amanecer-USD de O Grove.
O Juventud Cambados derrotou con autoridade ao Antela FC en Burgáns. Así, os de Charlín suman a súa segunda vitoria consecutiva e volven meterse en postos de play- off. Pola súa banda, os ourensáns continúan sendo pechacancelas de Preferente coa súa sétima derrota ininterrompida (tan só sumou tres puntos en 20 partidos).
Tres dos catro goles locais foron materializados na primeira parte, dominada enteiramente polos anfitrións. O encargado de inaugurar o marcados foi Marcos Blanco no 16'. Dez minutos despois Paco Reigosa fixo o seu ante a portería de Julián, aumentando a renda (2-0). Xusto antes do final da primeira metade, Noly marcou o 3-0. Coa vantaxe local, difícil de remontar polos do Antela, marcharon ao descanso.
Coa reanudación, a dinámica continuou sendo a mesma. Os de Cambados seguiron sendo os líderes do choque. Tanto foi así que, no ecuador da mesma, Marcos Blanco volveu acertar na portería (4-0). Con todo, no 74', os visitantes, tirando de orgullo, conseguiron o 4-1 por medio de Dani Rivero, pero non foi suficiente como para reducir máis a renda.
Relacionadas:
-
O Marcón é derrotado por un rival directo, o Velle, e atrasa a súa permanencia (2-1)
Por Redacción |
-
O Marcón cae na recta final da tempada ante o colista de Preferente, o Antela (0-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Derbi igualadísimo entre o Grove e o Marcón en Monte da Vila (2-2)
Por Redacción |
-
O Sanxenxo pon fin á súa boa racha coa derrota ante o Marcón (0-1)
Por Redacción |
-
O pasamento dun dos afeccionados do SD Bande leva á suspensión do choque ante O Grove
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Marcón consegue un punto ante un dos equipos máis complicados, o Estradense (1-1)
Por Redacción |