José Manuel Rial comunica o Teucro que ten un preacordo cun equipo de Asobal
Por Diego Espiño
A boa campaña de José Manuel Rial non pasou desapercibida polos equipos da Liga Asobal.
O lateral xogará o próximo ano na máxima categoría do balonmán nacional, e así comunicoullo este luns á xunta directiva do Teucro e ao seu adestrador, Javier Barrios, rexeitando a oferta de renovación que o club azul o puxera enriba da mesa.
Rial pechou un preacordo cun equipo de Asobal, aínda que ao non ter rubricado o contrato non quixo revelar polo momento cal será o seu destino.
A decisión, esperada na entidade teucrista, foi encaixada con boas palabras por parte do presidente azul, Carlos García-Alén, que asegurá ademais que xa empezaran a buscarlle substituto ao terse demorado a resposta do xogador: "Nos hubiese gustado que continuase pero le deseamos lo mejor en su nuevo equipo".
Os plans do club azul pasan agora por falar nos próximos días con César Armán e Miguel Sío para pechar a súa continuidade, ademais de intensificar os contactos con Didac Villar, ao que aínda non se lle pecha a porta a seguir un ano máis a beiras do Lérez.