Didac Villar rexeita a oferta do Teucro e Miguel Sío e César Armán renovan
Por Diego Espiño
Finalmente un dos grandes protagonistas da boa tempada do Teucro non seguirá no club.
O central catalán Didac Villar comunicou á directiva azul que rexeita a proposta de renovación ao contar con outras ofertas máis próximas á súa casa.
A baixa de Didac únese ás de Toño Fernández, José Manuel Rial, Siscu e Gozalo García-Alén. O resto do plantel da pasada tempada continuarán ás ordes de Javier Barrios, incluídos Miguel Sío e Cesar Armán, que confirmaron a súa renovación despois de reunirse este xoves co club.
MARCOS DORADO, PRIMEIRA FICHAXE
O Teucro non perdeu o tempo en cubrir os ocos no equipo, pechando a incorporación de Marcos Dorado. O pivote procede do Lavadores, onde militou as dúas últimas tempadas en Primeira Nacional.
Tras esta incorporación, a comisión deportiva traballa nas fichaxes de "dous ou tres xogadores máis", como recoñece o presidente do Teucro Carlos García-Alén: "las conversaciones están avanzadas con varios jugadores y esperamos cerrarlos en los próximos días".
A prioridade pasa agora por atopar un reforzo de garantías para o lateral esquerdo, posto que ocupaba José Manuel Rial.