Estivo preto pero non conseguiu o Arxil a vitoria ante o Ardoi en Navarra (90-77)
Por Sofía Lorenzo
Dura xornada a do Arxil este sábado, que tivo que viaxar a Navarra para enfrontarse a un dos equipos máis complicados da categoría, o Ardoi (terceiro clasificado), ao que non logrou superar na súa pista. As locais, pola súa banda, recibían ás de Mayte Méndez tras ser severamente derrotadas polo líder, o Celta Zorka, en Vigo. As arxilistas pese a todo aseguran a permanencia na Liga Feminina 2 gracias á derrota de Maristas.
O choque empezou de fronte para as visitantes, que conseguiron gañar algo de vantaxe aos poucos minutos do comezo. Con todo, as anfitrioas, apoiadas na efectividade de Maite Gil, máxima anotadora do Ardoi e do partido (25 puntos), lograron igualar o marcador e irse ao descanso cun punto de vantaxe (41-40). Nada estaba decidido e as de Méndez confiaban en manter a dinámica e dar un xiro ao partido.
O comezo do segundo período foi igual que o término do primeiro. Parecía que aumentaban a intensidade as pontevedresas, pero varios erros condenáronas a que a renda aumentase a favor das de casa (64-56). Un parcial definitivo, que dominaron estas últimas, terminou por minguar as esperanzas arxilistas, a pesar de non tirar a toalla e de ter a balanza inclinada cara ao seu bando en varios momentos.
Finalmente, tiveron que conformarse cun sabor de boca agridoce no regreso a casa tras o 90-77 en Navarra.
Con esta derrota, as do Arxil comezan a prepararse para disputar o próximo encontro en Pontevedra ante o Rioja ISB, equipo do alto da táboa (cuarto), que gañou con comodidade no partido da primeira volta.
Relacionadas:
-
O Arxil pon fin á tempada coa vitoria máis doce, na casa ante o Cerdanyola (64-56)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Estivo preto do Arxil a vitoria ante o Segle XXI pero perde en Barcelona (70-58)
Por Sofía Lorenzo |
-
As do Arxil apóianse na súa afección e derrotan ao Rioja a falta de dous partidos para o final (81-73)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Vitoria de dobre valor do Arxil sobre Maristas Coruña (82-52)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A prórroga acaba co Arxil despois dun partido moi axustado ante o ABDA Avilés (79-75)
Por Redacción |
-
Volve conseguilo o Arxil no CGTD ante un dos complicados, o Lima-Horta (73-62)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |