Diego González salva a honra do Froiz cun décimo posto na Aiztondo Klasika
Por Redacción
Non está a ser un inicio fácil de Copa España para e Grupo Deportivo Supermercados Froiz, que nas primeiras citas do calendario viuse apartado por diferentes circunstancias, caídas incluídas, dos primeiros postos.
Con todo na terceira data da Copa de España Elite e Sub-23, a Aiztondo Klasika celebrada no País Vasco, o equipo pontevedrés asomou por primeira vez pola cabeza cunha notable actuación de Diego González.
O ciclista do conxunto pontevedrés foi un dos protagonistas dunha carreira marcada pola dureza do percorrido, a choiva, e os cortes no pelotón. González foi un dos corredores que puxo a proba a lume vivo cun ataque xunto a Adriá e Elosegui do Lizarte e a Jhon Steven Ramírez (Kometa) logrando 40 segundos de vantaxe. A este grupo terminarían chegando algúns dos homes máis importantes da Copa, que se xogarían a vitoria.
Ao final o burgalés Ángel Fuentes (Gomur-Cantabria Infinita) impúxose por diante de Roger Adriá ( Lizarte), segundo, e o actual líder da Copa, Kiko Galván (Lizarte), terceiro, sendo o representante do Froiz décimo a 20 segundos tras perder corda nos últimos quilómetros.
A pesar diso Diego González colócase como mellor clasificado do Froiz na xeral da Copa de España ao ser 25º con 35 puntos, lonxe iso si do liderado que ocupa Kiko Galván con 250 puntos.
A Copa España non descansa e volve o vindeiro xoves 21 de marzo coa disputa do LXVI Gran Premio Ciclista Primavera de Ontur, en Albacete.
Relacionadas:
-
Guillermo García lidera a xeneral das metas volantes na quinta proba da Copa España
Por Redacción |
-
Diego González repite como mellor espada do Froiz na Copa España ao ser 13º na Clásica de Primavera
Por Redacción |
-
O Froiz busca deixar atrás o mal fario para a terceira proba da Copa de España
Por Almu Dapena |
-
Javier Mínguez apadriña a nova tempada do Supermercados Froiz
Por Almu Dapena & Victoria Regueira |