O Arxil recibirá ao Aros de León a golpe de bufanda
Por Redacción
Tras coller aire coa súa última vitoria e distanciarse dos postos de ascenso, o club pontevedrés quere seguir mellorando na visita ao CGTD do terceiro clasificado, o Aros de León (sábado 19:30 horas).
Será un duelo esixente ante un equipo que suma 13 triunfos e só 4 derrotas esta tempada, polo que todo axuda será pouca.
Con esa idea o club, co apoio dun dos seus patrocinadores (Forbe), buscará o apoio dos seus seguidores para tinguir de verde o pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
A acción prevista para conseguilo será a repartición de ata 200 bufandas coas cores do Arxil desde media hora antes do encontro e ata o fin de existencias.