O equipo feminino do Waterpolo Pontevedra, campión de liga
Por Redacción
A falta dunha xornada para o final da competición, o Club Waterpolo Pontevedra asegurou o título da liga Galega Absoluta de 1ª División en categoría feminina.
As pontevedresas recibían no CGTD ao seu rival directo, o CW Santiago. Con ambos os equipos empatados na clasificación e un empate entre ambos na primeira xornada, esta penúltima era decisiva. O equipo que gañase levaría o título de forma matemática, e no caso de empate, decidiríase na última xornada por diferenza de goles totais.
Ese triunfo, tras un inicio de dúbida, foi polas locais por un apertado 10-9, resultando clave o terceiro parcial (5-2).
A vitoria levaba ademais o premio engadido da clasificación por segundo ano para o Campionato de España de 2ª División.
DERROTA DO EQUIPO MASCULINO
O punto negativo da xornada púxoo o conxunto masculino, que ante o mesmo rival, o líder CW Santiago, encaixou unha derrota por 6 goles a 12 nun choque a pesar de todo intranscendente para os play- offs debido á clasificación.
Agora, cos de Javi de Sáa terceiros a falta de dous encontros para o final da liga regular, o obxectivo pasa por recuperar aos xogadores ausentes para tentar plantar cara aos seus rivais na pelexa polo título.
Relacionadas:
-
O equipo absoluto feminino do Waterpolo Pontevedra, campión da Copa Galega
Por Redacción |
-
O equipo xuvenil do Waterpolo Pontevedra saca billete para o Nacional
Por Redacción |
-
A Escola Naval repite como sede dun Campionato Galego de Waterpolo
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra pecha a liga regular e xa mira ao play-off
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra busca o "triplete" cos equipos femininos
Por Almu Dapena |
-
O CW Pontevedra ensina a salvar vidas
Por Almu Dapena |
-
Pleno de triunfos do Waterpolo Pontevedra ante o RCN Vigo
Por Redacción |