Preto de 2.000 ciclistas gozan dunha exitosa 'BTTinto' na súa segunda edición
Por Redacción
A ruta 'BTTinto' de Ribadumia converteuse xa, despois de só dúas edicións, nunha das probas con maior participación de Galicia consolidándose dentro do calendario dos amantes da bicicleta de montaña.
A unión entre o deporte e a celebración da Festa do Viño Tinto do Salnés resultou todo un éxito nunha xornada con preto de 2.000 ciclistas participantes.
Os corredores internáronse por camiños e sendeiros de Ribadumia, Meis e Meaño nun percorrido deseñado de 46 quilómetros con opción de reducilo a 33 segundo as necesidade de cada deportista.