Ribadumia espera reunir este domingo máis de 1.900 ciclistas na segunda ruta 'BTTinto'
Por Redacción
A ruta 'BTTinto', enmarcada dentro dos actos da Festa do Viño Tinto do Salnés, conta con reunir o próximo domingo día 2 a máis de 1.900 ciclistas na segunda edición da carreira.
Cunha inscrición que se sitúa xa nos 1.935 corredores, a ruta consolídase no seu segundo ano aumentando en máis de 600 os seus participantes como unha das de maior concorrencia de Galicia con deportistas das catro provincias galegas, Asturias e o norte de Portugal.
Cunha dificultade técnica media-alta, a ruta transcorrerá por sendeiros de Ribadumia, Armenteira e Meaño cun percorrido de 46 quilómetros na súa versión longa pero con alternativas e escapatorias en varias zonas para poder acurtar a distancia total ata os 33 quilómetros en función de cada dun dos cilcistas.
O punto de saída da 'BTTinto' será a Praza do Concello de Ribadumia ás 9:30 horas, despois de completar a recollida de dorsais dende aproximadamente 30 minutos antes do pistoletazo de saída.
Como novidade nesta ocasión se organiza ademais unha camiñada de 18 quilómetros polos sendeiros da Ruta da Pedra e a Ruta da Auga ata o mosteiro de Armenteira e unha proba combinada na que se percorrerán 33 quilómetros en bicicleta da ruta BTT e 18 correndo.