Correndo cara á viaxe de fin de curso
Por Redacción
O deporte convertido nunha arma para recadar fondos para a viaxe escolar de fin de curso.
Esa é a idea dos escolares do CEIP Vidal Portela de Pontevedra, que o vindeiro sábado 26 de xaneiro protagonizarán unha carreira na Avenida de Montero Ríos, a partir das 17:00 horas.
Trátase da I Carreira Contrarreloxo de Empresas, coa que pretenden dar un impulso á captación de fondos para a excursión do alumnado de 6º curso de Primaria.
A iniciativa contará con 50 corredores, todos eles alumnos do Vidal Portela, que por remudas disputarán unha carreira contrarreloxo, cun deportista por minuto, representando a unha empresa da cidade.
Desta forma, ademais da parte económica, preténdese fomentar entre os escolares a necesidade da actividade física para lograr un estilo de vida saudable.